cabeceira PMUS branco
Pontevedra vive o futuro PONTEVEDRA PMUS

Que é o PMUS?

O PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sustentable) é unha ferramenta de xestión municipal para organizar de maneira eficiente os distintos modos de transporte que se xeran dentro dunha cidade, fomentando aqueles que son máis respectuosos co medio ambiente (a pé, en bici, transporte público) e racionalizando o uso do transporte privado, especialmente o coche.

O PMUS é o documento que a Lei de cambio climático e transción enerxética e as directrices para a implantación das zonas de baixas emisións fixan como o que ten que marcar os obxectivos que definan a nova mobilidade.

As catro ideas principais

01

No espazo público inflúen a estancia, a convivencia, o traballo, os servizos . . . e, por suposto, tamén a mobilidade.

02

Hai que ordenar a mobilidade para garantir o dereito ao espazo público

03

A mobilidade peonil é a prioritaria porque é a máis natural, a máis saudable e a que mellor se adapta ás necesidades da cidade.

04

A mobilidade ten que contribuír a un medio ambiente de calidade.

Pontevedra non
parte de cero

Pontevedra conta cun modelo urbano recoñecido a nivel mundial, unha normativa propia (Ordenanza de mobilidade amábel) e o máis importante, unha sociedade comprometida. A cidade non parte de cero, senón que ten moi avanzada nunha mobilidade respectuosa co medio ambiente e que está na liña dos obxectivos que se perseguen coa Lei de cambio climático e transición enerxética e no proxecto de Lei de mobilidade sustentábel.