Alternativas
do PMUS
Non actuar nin planificar ningún cambio en relación coa situación actual. Esta opción está vedada porque contravén as directrices da Unión Europea e a lexislación do Estado español.
Definir e executar unha zona de baixas emisións que limite a entrada e a circulación aos vehículos segundo as etiquetas que emite a DXT. Ao final, a alternativa 1 só permitiría a entrada e a circulación de quen poida permitirse un vehículo eléctrico ou un con etiqueta C. Esta opción esixe cobrar por aparcar.
O cobro dunha peaxe por entrar na cidade e circular por ela. Esta alternativa trata de reducir o volume de tráfico cobrando por circular e estacionar.
O cobro dunha peaxe por entrar na cidade e circular por ela en función das etiquetas emitidas pola DXT. Tamén esixe cobrar por estacionar.
Alternativa 3
Profundar na redución de tránsito e a circulación de vehículos en toda a cidade favorecendo todo o tráfico necesario e coa consecuente redución de emisións. Esta alternativa é para toda a cidade e non esixe ningún gasto para a veciñanza.
O novo PMUS de Pontevedra opta
pola Alternativa 3 porque
Non supón gasto para ningunha persoa e trata por igual a todas as rúas e barrios do concello.
Ninguén vai ter máis dereitos por poder custearse un vehículo de alta gama ou por poder asumir unha peaxe. O comercio local non vai ter unha nova carga para poder acceder aos locais coas mercadorías.
Xa demostrou nos últimos anos que cumpre cos obxectivos que formula a nova lexislación.
Ademais as directrices para a implantación das
zonas de baixas emisións sinalan que:
As ZBE non deben verse unicamente como contornas que discriminan entre vehículos motorizados.
As ZBE deben entenderse como contornas que promoven a mobilidade peonil e ciclista e o transporte público.
Os criterios de acceso deben desincentivar o acceso do vehículo privado en xeral, independentemente do seu distintivo.
Comparativa dalgunhas cidades europeas segundo
a alternativa que empregan
de tráfico
ESTOCOLMO
de tráfico
NA CIDADE
de tráfico
GRATUÍTOS