Pontevedra
para as bicis
O tráfico calmado de Pontevedra fai segura a circulación das bicicletas pola calzada. A
Ordenanza de mobilidade amábel recolle as normas que deben cumprir os ciclistas para
circularen polas zonas de convivencia respectando sempre aos peóns.
Rede de
aparcadoiros
de bicicletas
Existe unha amplísima rede de
aparcadoiros para as bicis por
toda a cidade
Rede de
aparcadoiros
de bordo
Pontevedra conta con 2.100 prazas de aparcadoiro na rede de aparcadoiros de bordo que permiten chegar á cidade e desprazarse por ela a pé.
Seguimos a mellorar
O Coche de Punto xa superou a fase de probas e cando estea en marcha facilitará os desprazamentos entre as parroquias e a cidade.
O PMUS tamén recolle a necesidade de seguir avanzando na mellora da mobilidade en Pontevedra e para iso marca dous ámbitos de actuación:
Reducir o tráfico naquelas zonas da cidade que o soportan mal ou que non o soportan
Aplicar as mellores solucións técnicas en cada caso de entre todas as xa testadas en Pontevedra