cabeceira PMUS branco

Obxectivos
do PMUS

1.

Consolidar o dereito ao espazo público de todas as persoas independentemente da súa condición física, social ou económica

2.

Desenvolver unha cidade integradora

3.

Condicionar a mobilidade en automóbil á de todos e todas: só o tráfico necesario

4.

Manter as rúas seguras e sen sinistralidade

5.

Integrar a mobilidade
externa e metropolitana

6.

Promover a
mobilidade accesíbel

7.

Efecto PO2: un concello accesible e sustentable, mellorar os corredores verdes

8.

Converter toda a cidade nunha Zona de Tráfico Reducido, para cumprir coa obriga que impón a Lei de cambio climático

9.

Integrar a loxística
urbana

10.

Manter o elevado grao de participación social

11.

Aplicar o mellor coñecemento dispoñible

Obxectivos
específicos

Obxectivos 1-4

Tratar as zonas inseguras
ou con sensación de inseguridade con

especial atención á entrada das escolas

Accións

Instalación de PPS, RFV, morróns; ampliación de beirarrúas, mellor iluminación

Medidas estruturais e policiais para manter 0 mortos e tender a 0 feridos graves diminuíndo tendencialmente o seu número

Obxectivo 5

Reducir cada ano nun 3% o tráfico
en cada grande ámbito da cidade.

Accións

Inducir o “disappearing traffic” ou “evaporación do tráfico”: cortes, desvíos, bucles, regulación dos semáforos


Obxectivo 6

Redución do tráfico, especialmente do
pesado, en Domingo Fontán

Accións

Demandar á Xunta a construción da
denominada “variante de Alba”


Obxectivo 7

Redución do tráfico na zona leste da cidade

Accións

Demandar a Fomento a terminación da A-57 e o desvío do tráfico de paso por esta autovía


Obxectivo 8

Tratar cada ano o 5% das rúas con IMD
superando os límites de “habitabilidade”

Accións

Inducir o “disappearing traffic ”ou “evaporación do tráfico”: cortes, desvíos, bucles, regulación dos semáforos


Obxectivo 9

Racionalización do tráfico no
viario paralelo á Ría é aos ríos

Accións

Cortes do viario, reordenación do tráfico, ampliación de espazos para usos cidadáns


Obxectivo 10

Re-estudo do tráfico e do espazo público en Monte Porreiro.

Accións

Execución e implantación das solucións que se deriven deste re-estudo.

Obxectivo 11

Adoptar solucións equitativas en mobilidade

Accións

Non cobrar por entrar na cidade nin “castigar” aos que non poden acceder a un coche ECO


Obxectivo 12

Distribución equitativa do estacionamento

Accións

Gratuidade do estacionamento en superficie. Ampliar o “estacionamento de servizos ”Creación dos estacionamentos de bordo que sexan posibles.


Obxectivo 13

Contribuír á redución da contaminación do tráfico necesario

Accións

Colaborar na información sobre a localización dos puntos de recarga eléctrica. Uso de vehículos eléctricos na frota municipal de vehículos. Campañas de información e/ou sensibilización cidadá.

Obxectivo 14

Mellora da circulación peonil e ciclista na contorna do hospital de Montecelo

Accións

Implantar as medidas de deseño negociadas co SERGAS para o novo hospital


Obxectivo 17

Aumentar cada ano nun 1% a mobilidade peonil

Accións

Mellora dos circuítos e das áreas peonís. Restricións disuasorias do tráfico.


Obxectivo 18

Aumentar cada ano nun 2% a mobilidade ciclista (e en VMP)

Accións

Restricións disuasorias do tráfico. Cumprimento dos límites de velocidade.


Obxectivo 19

Gañar anualmente 4.000 m2
para estancia peonil ou compartida

Accións

Obras de reurbanización e redeseño completo de rúas e espazos públicos


Obxectivo 20

Avanzar no calmado do tráfico

Accións

Baixada dos límites de velocidade de 30 a 20 ou 10 km/h. PPS e RFV.

Obxectivo 21

Planificación da nova xeración de infraestruturas de mobilidade

Accións

Propor unha nova mesa M4: Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Xunta, Deputación e Concello.

Obxectivo 24

Instauración progresiva
do transporte a demanda

Accións

Fase experimental (Central de reservas, plataforma asignación viaxes, ordenanza do taxi) e implantación e inicio do servizo

Obxectivo 25

Todos os escolares accedendo a pé aos centros se residen a menos de 1 km do centro

Accións

Investigar posibles bolsas e, de existir, acción para eliminalas

Obxectivo 28

Mellora ambiental das marxes do Lérez

Accións

Retirar o tráfico rodado das marxes do Lérez e mellorar a circulación peonil e recuperar o espazo público


Obxectivo 29

Completar o paseo peonil e ciclista desde a Ría ata Marín

Accións

Completar o percorrido peonil pola marxe esquerda da Ría ata O Cabo en Lourizán e conectar o paseo da Ría con Estribela


Obxectivo 30

Mellora ambiental da contorna do Gafos

Accións

Mellorar a zona verde da desembocadura do Gafos e retirar o tráfico de paso das marxes do Gafos.

Obxectivo 33

Control da carga e descarga e seguimento do repartimento de última milla

Accións

Reorganización dos espazos destinados a carga e descarga e estacionamento de servizos. Campañas preventivas e informativas. Vixilancia policial