PMUS PARTY
8 de outubro - O día da mobilidade
Anímate a xogar á
ruleta da mobilidade!
Actividades
Mañá
Tarde
Espazos que contan
Pontevedra é unha vila histórica que foi mudando co tempo. Neste paseo sosegado, percorreremos as rúas que contan historias coñecendo os personaxes máis salientábeis e os cambios que experimentou o espazo público ao longo da súa historia.
Horario: Mañá – 11:00 h
Tarde – 19:00 h
Destinatarios: Persoas interesadas a partir de 16 anos
Duración: 90 minutos
Lonxitude aproximada do percorrido: 2 km
Número de prazas: 30
Sube ao bus
O transporte público é un dos medios máis sostíbeis para desprazarse. Nesta actividade familiar, viaxaremos no bus nun percorrido circular pola nosa cidade para coñecer as vantaxes para o medio ambiente de empregar este tipo de transporte.
Horario: Mañá – 12:00 h
Tarde – 18:00 h
Destinatarios: Actividade familiar
Duración: 30 minutos
Saída: Praza de Galicia
Número de prazas: 55
Próxima parada…
O transporte público facilítanos chegar a destinos próximos sen preocupacións e coidando o medio ambiente. Partiremos do centro para chegar ao barrio de Monte Porreiro onde nos agardan unha serie de actividades lúdicas para gozar en familia.
Destinatarios: Actividade familiar
Duración: 1,5 horas
Saída: 17:30 h Praza de Galicia
Regreso:
18:55 h / 19:55 h a Praza de Galicia
19:30 a Mª Victoria Moreno
Número de prazas: 40
Pedaleando en familia
O modelo urbano de Pontevedra permite as mobilidades alternativas, sendo a bicicleta un dos vehículos que se pode utilizar desde curta idade. Esta ruta pensada para compartir en familia será guiada por un axente de Policía Local e nela explicará cales son as principais normas que hai que seguir nun percorrido en bicicleta*.
Horario: Mañá – 13:00 h
Destinatarios: Actividade familiar
Duración: 30 minutos
Lonxitude aproximada do percorrido: 2,8 km
Saída: Praza da Peregrina
Número de prazas: 30
* Obrigatorio uso de casco
Vai en bike
As nenas e os nenos poden desprazarse en bicicleta, pois o espazo público ten características axeitadas que favorecen este tipo de mobilidade, pero é necesario coñecer as normas que regulan estes desprazamentos. Proponse unha actividade para a mocidade no que un axente da Policía Local guiará un percorrido explicando como facer unha condución segura.
Horario: Tarde – 18:30 h
Destinatarios: Mozas/os de 12 a 16 anos*
Duración: 40 minutos
Saída: Praza da Peregrina
Lonxitude aproximada do percorrido: 5 km
Número de prazas: 30
* Obrigatorio uso de casco
Dalle bóla
Nas rúas de Pontevedra prevalece a circulación peonil sobre outras formas de desprazamento. Isto é posible pola súa organización espacial, o que tamén favorece o xogo. Proponse unha actividade lúdica onde nenas e nenos a partir 6 anos farán un percorrido dirixido cunha pelota de 1,5 m de diámetro onde vivirán a rúa como un campo de xogo libre de perigos. Iso si, van ocupar tanto espazo coma os coches.
Horario: Mañá – 12:30 h
Tarde – 17:00 h
Destinatarios: Nenas e nenos a partir de 6 anos
Duración: 20 minutos
Saída: Praza da Peregrina
Lonxitude aproximada do percorrido: 1,2 km
Número de prazas: ilimitadas
Mobilidade para tod@s
Unha cidade inclusiva debe favorecer as mobilidades alternativas, polo que se propón unha ruta accesíbel onde se pode participar con todo tipo de medios de transporte sen motor de combustión (bicicleta, patíns, patinete, skate, triciclo), para todas as idades e na que se facilitarán bicis adaptadas a quen o precise*.
Horario: Mañá – 11:30 h
Destinatarios: Público xeral a partir dos 3 anos
Duración: 30 minutos
Saída: Praza da Peregrina
Número de prazas: ilimitadas
* Obrigatorio uso de casco